Unidade 3:Practicando con ambas mans
Le atentamente o seguinte texto e preme o botón de continuar cando o teñas lido e entendido todo.
Practicando con ambas mans
O obxectivo desta lección é que practiques por primeira vez premendo as teclas con ambas mans. Ao principio será relativamente doado, pero imos ir complicándoo pouco a pouco.
Intenta colocar as mans como che ensinamos, intenta mirar a pantalla e non o teclado (lembra as marcas para a F e a J, que che axudarán a poñer ben as mans no teclado) e intenta, novamente, non cometer erros e premer cada tecla co dedo que corresponde.
Como sabemos que é difícil ao principio lembrar como deben premerse as teclas, a partir de agora, nas leccións terás un botón de axuda na parte inferior dereita onde poderás ver que dedos debes usar.