Unidade 5:Premendo as teclas R, T, Y e U
Premendo as teclas R, T, Y e U
Se estás lendo isto, é que respondiches ben ás dúas preguntas que che fixemos na páxina anterior, polo tanto ti mesmo/a acertaches que:
- as teclas R e T prémense co dedo índice da man esquerda, que é o mesmo dedo que preme as letras F e G.
- as teclas Y e U prémense co dedo índice da man dereita, que é o mesmo dedo que preme as letras J e H.
Para que che resulte máis sinxelo, novamente, tes unha imaxe que che axudará a lembrar como premer as novas teclas sen ter que pensar demasiado.
Mano Esquerda Mano Dereita | ||
Tal e como se explicou na unidade anterior, cando premas estas teclas vas ter que desprazar o dedo índice correspondente e, tras premer a tecla, deberás devolver o dedo á posición de orixe. Neste caso, deberás devolver os dedos índice ás letras F e J respectivamente.
Ao principio é posible que sexa máis difícil premer as teclas T e Y que as teclas R e U, pero podes estar tranquilo/a, que ao final, como todo, é cuestión de práctica, e en pouco tempo volverase máis doado.